preparaba-se o gran golpe na cidade o festival xa rematou o cabaret estaba tranquilo salvo o lixeiro ruído do plató a ruleta está detida o violin parou de soar a xente con sentido xa marchara do local el, de pé onda o pasillo semellaba ter 'Corazón de Pau' achegando-se onda a barra dixo "bebida para quen queira beber" tras o suspiro de alívio cada cual virou con cada quen achegou-se un forasteiro e surrindo preguntou "por favor, a qué hora escomenza esta función?" logo foi-se cara á esquina cabizbaixo 'Corazón de Pau' ao póker nunha mesa a Lili toca-lle a sua vez na sua man habia dous reis faltaba-lle inda un mais para vencer fora as ruas que se enchen non hai brisa nin hai ar a fiestra estaba aberta era difícil respirar Lili picou do mazo saíu-lle 'Corazón de Pau' Big Jim non era bobo tiña minas de ouro e prata en propiedá fixo unha rimbonbante entrada coa aureola dun siléncio sepulcral cos seus dous gardaespaldas e no pelo fixador viña forrado de cartos e todos os malgastou mas o seu bastón de prata era nada ante 'Corazón de Pau' tras peinar-se a melena chegou Rita na carruaxe até a cidá era unha raíña sen coroa entrou pola porta lateral moveu as falsas pestañas susurrando-lle a Big Jim "sinto chegar tarde" el oía sen oir estaba extasiado mirando a 'Corazón de Pau' eu vin-o nalgun sítio Big Jim non cesaba de pensar "quizais fóra aló en México ou tal vez nalgun cuadro familiar" nisto empezou o pataleo palideceu a lus entre aqueles dous homes sentia-se a inquietude de mirar a aquela moza que picara 'Corazón de Pau' Lili era unha princesa pel brilante, e preciosa e natural fixo o que era de facer poseía un tenro impacto ao mirar o seu fogar destrozado obrigou-na a percorrer moitas trendas na sua vida moitos homes que atender pero nunca vira a naide coma 'Corazón de Pau' o xuiz fixo a entrada foi servido de xantar e de beber pero ninguén atendia ao ruído do taladro na paré todos sabian que Lili era moza do Big Jim e que nada afastaria a Jim de Lili non, nada poderia a non ser, quizais, 'Corazón de Pau' Rita puxo-se a beber e un puñal o seu rostro refrexou estaba farta de Big Jim farta de tanta devoción fixera cousas reprocháveis non era muller exemplar e agora ía facer algo para compensar miraba hácia o futuro apostaba por 'Corazón de Pau' Lili, fora a maquilaxe e sen vestido saíu ao corredor "sabias que isto pasaria intrincadas son as sendas do señor" "hai unha nova man de pintura, non toques o papel" "alegra-me que vivas estás de moi bo ver" no pasillo oen-se pasos van a por 'Corazón de Pau' o tramoyista daba voltas sentia-se inquedo no sillón "algo extrano ocurre nota-se no ar que hai no salón" correu chamar ao xuiz que non o puido escoitar pois durmia sobor da mesa a borracheira habitual espabilado o que mais era 'Corazón de Pau' os brazos de Lili rodeaban a este home sen igoal esqueceu por unha vez a aquel outro que a perseguia sen cesar "botei-che de menos" dixo foi entón cando o bicou ela tola por el pero el nin se inmutou era só unha noite mais no discurrir de 'Corazón de Pau' ninguén soubo dos detalles pero din que ocurriu con rapidez unha porta que se abriu un rovólver batiu con fria desnudez e sen cara de sorpresas ali xacia Big Jim Rita ao seu carón sen saber qué dicir en corpo con Big Jim en mente 'Corazón de Pau' duas portas mais aló os chavales conseguiron o botin fixeron-se cos cartos e cos cabalos preparados pra fuxir na escuridade do rio agardaban con ansiedade ao cuarto membro que quedaba na cidade lonxe non irían de certo se faltase 'Corazón de Pau' con ceo negro e choiva ao dia seguinte foi a execución o cadaleito de Big Jim apuñalado pola espalda no furgón Rita no patíbulo presta a morrer o xuiz estaba sóbrio enchido de poder o úneco que faltaba: el o escurridizo 'Corazón de Pau' o cabaret tiña un letreiro dicia PECHADO POR REPARACIÓNS Lili sen maquilaxe e sen as roupas de faena do salón pensaba na sua vida no que tivo que facer pensaba en Rita e pensaba na lei e pensaba tambén e sobre todo en 'Corazón de Pau'