eran outros tempos de sangue e frustración de sombras festexadas de ventisca e desazón; era eu druída espido até que lle oín dicir "vén, deita-te na cama velarei por ti" se os camiños intrincados me fan un dia voltar farei sempre por ela o que esté na miña man; nun mundo margullado e sen calor oín-lle dicir "vén, deita-te na cama velarei por ti" na beira mar perdida nun terrível furacán cun enfeitizado son de pingueiras e de mans que recraman sen espranzas un fogar, oín-lle dicir "vén, deita-te na cama velarei por ti" volvin-me de repente i ela estaba ali refulxia entre as flores polo meio do xardin tras quitar-me a coroa das espiñas oín dicir "vén, deita-te na cama velarei por ti" todavia algunha noite escoito o pranto dun rapaz cun cruel escalofrio oio a sua agonia fetal; qué pensar da tua pregunta qué hóstia é isto de vivir? vén, deita-te na cama velarei por ti unha gran muralla china estivemos a construir din cousas por supostas nin me achou nin a entendin cando lembro aquel serán do vran no que a coñecin "vén, deita-te na cama velarei por ti" piso o fio da navalla pero penso traspasar o cristal que me separa das belezas infernais; ai, non sei o que daria por voltar a oir dicir "vén, deita-te na cama velarei por ti"