Da aldea lonxana fumegan as tellas; Detrás dos petoutos vai póndose o sol; Retornan prós eidos coa noite as ovellas Tiscando nas beiras o céspede mol.
Un vello, arrimado nun pao de sanguiño, O monte atravesa de cara ó pinar. Vai canso; unha pedra topóu no camiño E nela sentóuse pra folgos tomar.
-¡ai! -dixo-, ¡qué triste! ¡qué triste eu estóu! I on sapo, que oía, Repuso: -¡cro, cro!
¡ás ánemas tocan! ... tal noite como ésta Queimóuseme a casa, morréume a muller; Ardéume a xugada na corte, i a besta, Na terra a semente botóuse a perder.
Vendín prós trabucos bacelos e hortas E vou polo mundo de entón a pedir; Mais cando non topo pechadas as portas Os cans sáienme a elas e fanme fuxir.
- canta, sapo, canta; Tí i eu ¡somos dous! ... - I o sapo choroso, Cantaba: -¡cro, cro!
Soliños estamos entrambos na terra. Mais nela un buraco tí alcontras i eu non; A ti non te morden os ventos da serra, I a min as entranas i os ósos me rón.
Tí, nado nos montes, nos montes esperas, De cote cantando, teu térmeno ver; Eu, nado entre os homes, dormendo entre as feras, E morte non hacho, si quero morrer.
-xa tocan ... recemos, ¡que dicen que hai dios! ...- El reza, i o sapo Cantaba: -¡cro, cro!
A noite cerraba, i o raio da lúa Nas lívidas cumes comenza a brillar; Curisco que tolle nos álbores brúa I escóitase ó lexos o lobo oubear.
O probe do vello cos anos cangado Erguéuse da pedra i o pau recadóu; Viróu para os ceos o puño pechado, E cara ós touzales rosmando marchóu ...
Cos ollos seguíndoo Na escura estensión, O sapo quedouse Cantando: ¡cro, cro!.